Casa moi asollada situada na zona de San Pedro (Cangas), con proximidade á entrada á Vía Rápida do Morrazo.
Este inmoble distribúese en dúas vivendas tendo entre elas unha parcela cementada con espazo para comer ou cear ao aire libre, así como dun asador e lavadoiro.
Ademais dispón dunha ampla adega separada, que sería a terceira construción.
E por escaleira exterior accedemos ao faiado, o cal se pode aproveitar para diversos usos.
Agora mesmo as dúas vivendas atópanse distribuídas en tres dormitorios, cociña, salón pequeno e dous baños con duchas.
As placas da vivenda son de cemento.
Aínda que a zona é moi tranquila e hai moito sitio para aparcadoiro, tamén se podería habilitar a entrada para facer garaxe dentro da parcela.
A vivenda dispón de pozo e tamén de traída. Non ten calefacción.
En resumo, trátase dunha vivenda práctica para as persoas que buscan tranquilidade e un sitio cómodo para vivir.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno