Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa á venda en San Pedro, Cangas

Ref: 2472
Casa
88 m2 construidos.
184 m2 de parcela.
Habitable
Venda: 160.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Moi luminosa, nunha zona moi tranquila e con dúas construcións con parcela no medio

Descrición

Casa moi asollada situada na zona de San Pedro (Cangas), con proximidade á entrada á Vía Rápida do Morrazo.

Este inmoble distribúese en dúas construccións (vivenda e galpón) tendo entre elas unha parcela cementada con espazo para comer ou cear ao aire libre, así como dun asador e lavadoiro.

Ademais dispón dunha ampla adega separada da parcela, que sería a terceira construción.

E por escaleira exterior accedemos ao faiado, o cal se pode aproveitar para diversos usos.

Agora mesmo a construcción destinada a vivenda distribúese nunha pequena cociña, dúas estancias sin ventá, unha como saliña e outra como dormitorio, un dormitorio con ventá e un baño con ducha ao que se accede a través do dormitorio. Esta vivenda está trasdosada.

O galpón non conta co mesmo aillamento dunha vivenda, pero ten baño completo, un dormitorio auxiliar e unha zona á entrada en cociña de butano, frigorífico e lavadora.

As placas da vivenda son de cemento.

Aínda que a zona é moi tranquila e hai moito sitio para aparcadoiro, tamén se podería habilitar a entrada para facer garaxe dentro da parcela.

A vivenda dispón de pozo e tamén de traída. Non ten calefacción.

En resumo, trátase dunha vivenda práctica para as persoas que buscan tranquilidade e un sitio cómodo para vivir.