Á venda este chalé encostado en Darbo, en Cangas. Situado nunha zona residencial, nunha contorna tranquila e próxima ás praias de Areamilla, Santa Marta e Liméns.
Con boa comunicación por estrada coa Vía Rápida do Morrazo e tamén con Bueu e Pontevedra. Ademais ten moi preto unha parada de autobús.
Foi construído no ano 2007 e atópase impecable en canto á súa conservación. Cunha superficie aproximada de 164m² e formado por planta baixa, primeiro piso e baixo cuberta.
Actualmente distribúese da seguinte maneira:
- Planta baixa: cociña independente e totalmente equipada, un baño, amplo salón-comedor con grandes ventás que dan acceso directo á terraza traseira e zona de xardín, con asador.
- Primeira planta: dormitorio principal con baño en suite e vestidor, con balcón acristalado e pechado, dous dormitorios secundarios con grandes ventás que achegan abundante luz natural e un baño a maiores.
- Baixo cuberta: totalmente acondicionado cun espazo único diáfano, cun dormitorio de gran tamaño, baño con prato de ducha e ampla terraza.
Xa na planta de soto, atopámonos cunha adega ou rocho moi grande, no que se atopa a zona de lavandaría e accedendo por unha porta interior, chegamos ao garaxe, no que podemos gozar de dúas prazas de parking moi cómodas e de fácil acceso.
En resumo, estupenda vivenda, como nova, para gozar durante todo o ano ou en segunda residencia.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno