Atopamos Salvaterra de Miño na ribeira do Río Miño, ao sur da provincia de Pontevedra, frente á cidade de Monçao (na fronteira con Portugal) e moi preto de Vigo (a uns 35 kms).
Esta vila, pertencente a Comarca do Condado, destaca pola privilexiada ubicación, espazos naturais e monumentos que dan testemuña da súa Historia. Sorprende enormemente desta vila o feito de que sendo pequena (non ten máis de 12 mil habitantes), sen embargo é todo un exemplo de modernidade en canto aos servizos aos cidadáns. Un exemplo claro: Salvaterra pode presumir de ser o primeiro municipio galego que ofrece un sistema WIFI a tódolos seus veciños para o acceso a internet de balde con cobertura non só no núcleo urbano senón tamén en tódalas parroquias.
Outra característica na que Salvaterra semella unha gran cidade é a amplitude das súas rúas e prazas, como a da casa do Concello. Ademáis dispón de magníficos edificios públicos como a nova Casa da Cultura.
PORTO SECO
Aínda que o que máis fama lle da a Salvaterra son os espazos verdes, tamén o seu nome destacou nos últimos anos pola inminente construcción nas sús proximidades do polígono industrial "Plisan" ou tamén "Porto Seco", para a expansión comercial do Porto de Vigo. Este polígono foi pensado para albergar ata 400 empresas chegando a ser, no futuro, o polígono industrial de referencia do sur da comunidade galega.
A construcción deste gran polígono pode traer moitas melloras a Salvaterra, principalmente numerosos postos de traballo, ampliación de servizos e melloras nas comunicacións de Salvaterra, por exemplo e destacadamente coa planificada conexión á Autovía das Rías Baixas (A-52).
SALVATERRA NATURAL
Salvaterra presume de ser a vila galega con máis m² de zonas verdes por habitante, o que fan dela unha vila fermosa, tranquila, e con moitas opcións para os amantes da natureza e o deporte.
En canto a espazos naturais destancan principalemente a Illa Fillaboa e o Parque da Canuda, os cales ofrecen variadas instalacións como son auditorio, ximnasio de maiores, parque infantil, granxa educativa... E ademáis kilómetros de paseo á beira do Miño que conta cun longo carril bici.
Por outra banda Salvaterra conta con variedade de instalacións deportivas: piscinas, pistas de tenis, pista de patinaxe, pista de skate, cancha de baloncesto, campo de futbol, etc. Ademáis, o Concello presta bicicletas de maneira gratuita para percorrer o carril bici á beira do Miño.