![Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 1099. Lares Inmobiliaria Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 1099. Lares Inmobiliaria]() |
20220531 |
Ref: 1099 / Apartamento con xardín preto das praias |
Piso |
Cangas Do Morrazo (O Hío) |
27 €
|
40 m2 |
1 |
3 |
1 |
Apartamento totalmente exterior, situado na planta baixa do inmoble (aínda que practicamente resulta unha primeira planta, polo desnivel do terreo). Dun só dormitorio con cama de matrimonio e armario encaixado, ten un acolledor salón-comedor-cociña e un baño. Dispón de auga quente eléctrica, forno e cociña vitrocerámica .
O apartamento recoméndase para dúas persoas aínda que ten un sofá-cama de matrimonio (máis aconsellado para nenos e novos, que para adultos)
Comparte con outros pisos unha leira con aparcamento e xardín con vistas á ría de Aldán, nunha zona moi tranquila, ben comunicada e próxima á vía rápida e ás mellores praias da zona. Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supoñer variación dos prezos indicados na tarifa. Valorarase a posibilidade de admitir mascota.
Vivenda incluída no rexistro de Vivendas de Uso Turístico. |
42.2700299-8.82419802 |
1099 |
Apartamento con xardín preto das praias |
![Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 2019. Lares Inmobiliaria Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 2019. Lares Inmobiliaria]() |
20220530 |
Ref: 2019 / Piso amplo no centro de Cangas |
Piso |
Cangas Do Morrazo (Núcleo urbano) |
45 €
|
80 m2 |
3 |
5 |
2 |
Piso no Zona Vella de Cangas, á beira de todos os servizos en zona peonil, unicamente con acceso de coche para residentes.
A vivenda sitúase na planta baixa do edificio e conta con 3 habitacións, unha delas con cama de matrimonio, outra con cama de 1,05 e outra con cama individual, un baño completo con ducha e un aseo. A cociña comunica directamente co salón a través de porta corredera e ademais ten acceso a unha terraza. Non ten garaxe. Non se admiten mascotas.
Ofrécese quipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se realizará ningún cargo adicional polo consumo de auga e luz. As reservas para estancias non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa. Distancias: Mercado de Cangas: 300 m, Estación Marítima: 500 m, Praia de Rodeira: 1,1 km.
Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico: SINATURA: VUT - PO - 001551
|
42.264693-8.7856903 |
2019 |
Piso amplo no centro de Cangas |
![Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 2225. Lares Inmobiliaria Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 2225. Lares Inmobiliaria]() |
20220615 |
Ref: 2225 / Piso cerca da praia de Rodeira |
Piso |
Cangas Do Morrazo (Núcleo urbano) |
50 €
|
80 m2 |
2 |
4 |
1 |
Apartamento na rúa Longán, moi preto da praia de Rodeira e a uns minutos a pé do centro da vila de Cangas.
Situado no cuarto andar dun edificio de nova construción, trátase dun piso tremendamente luminoso e moi asoallado durante todo o día. Todo exterior e con luces en todos os ocos, mesmo no baño o cal dispón dun gran prato de ducha con mampara.
Componse de dous grandes dormitorios con camas de matrimonio e armarios encaixados, cociña independente con combi e mesa de comedor, e un gran salón-comedor aberto ao recibidor. Dispón dun estupendo sofá cama para tres prazas no salón. Ten ascensor e rocho e garaxe no edificio do lado.
Non se admiten mascotas.
Alúgase amoblado, equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese unha fianza, que dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se realizará ningún cargo adicional polo consumo de auga e luz. As reservas para estancias non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.
Vivenda incluida no Rexistro de Vivendas de Uso Turístico de Galicia: (ENTRADA 1973 / RX 1263004) |
42.265015-8.7758713 |
2225 |
Piso cerca da praia de Rodeira |
![Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 3627. Lares Inmobiliaria Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 3627. Lares Inmobiliaria]() |
20220308 |
Ref: 3627 / Apartamento fronte á praia de Vilariño (Hío, Aldán) |
Piso |
Cangas Do Morrazo (O Hío) |
45 €
|
66 m2 |
2 |
4 |
1 |
Apartamento situado nunha contorna privilexiada, fronte á praia de Vilariño, a 50m desta (só hai que cruzar a rúa) en Hío, e a 600m (8minutos) camiñando de Aldán e da praia de San Cibrán a través do paseo que bordea a costa da ría de Aldán.
Sitúase na planta baixa do edificio (totalmente accesible) dentro dunha urbanización privada-pechada de 4 bloques de vivendas, con patio central e zonas comúns con asador, mesa e bancos.
A vivenda constas de dous dormitorios (un de matrimonio e outro con liteiras tipo niño), un baño, salón e cociña independente, sendo todo exterior e moi luminoso.
Atópase nunha contorna de praias de gran interese ás que se pode acceder con facilidade camiñando (a 50m da praia de Vilariño; a 550m da praia da Testada; a 600m da praia de San Cibrán e Dos Picos; a 750m da praia de Arneles) e próximo (menos de 5 minutos) en coche ás demais praias da zona de gran interese (Nerga, Liméns, Areacova, Menduiña, etc.).
Ofrécese equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se admiten mascotas.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.
Inmoble presentado para inscribir no rexistro de vivendas de uso turístico; Número REXISTRO: 2020-E-RC-6606 |
42.274223-8.8208392 |
3627 |
Apartamento fronte á praia de Vilariño (Hío, Aldán) |
![Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 3710. Lares Inmobiliaria Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 3710. Lares Inmobiliaria]() |
20210219 |
Ref: 3710 / Piso en Cangas Do Morrazo - Núcleo urbano |
Piso |
Cangas Do Morrazo (Núcleo urbano) |
80 €
|
129 m2 |
2 |
4 |
2 |
Piso en aluguer en Cangas Do Morrazo, con 129 m2, 2 habitacións e 2 baños, Garaxe, Rocho, Ascensor, Amoblado e Calefacción Gas natural. |
42.26628-8.778863 |
3710 |
Piso en Cangas Do Morrazo - Núcleo urbano |
![Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 3783. Lares Inmobiliaria Piso Cangas Do Morrazo, Pontevedra. Ref: 3783. Lares Inmobiliaria]() |
20220615 |
Ref: 3783 / Piso no Paseo Marítimo de Cangas |
Piso |
Cangas Do Morrazo (Núcleo urbano) |
50 €
|
80 m2 |
3 |
5 |
2 |
Piso situado nunha localización privilexiada, no Paseo Marítimo de Cangas, en pleno centro, a 50m da Alameda Nova, parque infantil de referencia (só hai que cruzar a rúa), a 600m (8 minutos) camiñando da praia de Rodeira e a 300m (4 minutos) da Estación Marítima (barco a Vigo e a Cíes).
Sitúase na planta primeira dun edificio familiar (piso por planta), sen ascensor, e está distribuido en tres dormitorios (o principal con baño propio, e o terceiro equipado con sofá cama), baño xeral con ducha, salón e cociña independente, ambos á fronte.
Vivenda toda exterior, salvo o dormitorio principal ao patio interior onde se sitúa a zona de lavandaría. Dispón de lavalouzas na cociña e sistema de climatización.
Atópase nunha contorna de gran interese comercial, cultural e hostaleiro.
Ofrécese equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se admiten mascotas. No dispone de garaje.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.
Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico.
|
42.263732-8.7834082 |
3783 |
Piso no Paseo Marítimo de Cangas |