Situado na marxe norte da comarca do Morrazo atópase o municipio de Bueu que limita con Cangas, Moaña, Marín e a Ría de Aldán.
Esta fermosa vila costeira posúe unha gran riqueza natural, ademáis dun importante patrimonio repartido entre as tres parroquias principais: Bueu, Beluso e Cela. Na parroquia de Bueu atópase o casco urbano, onde se concentran os principais servizos. Beluso caracterízase polos seus areais virxes, mentres que a parroquia de Cela destaca pola súa igrexa románica e o Monte Chans, dende onde se poden observar unhas impresionantes vistas sobre a ría.
LUGARES DE INTERESE
É difícil escoller o máis destacado do entorno natural que envolve Bueu, pero dende logo Cabo Udra e as diferentes sendas dos muíños son irrenunciables para calquera visitante.
Sorprendentemente rico é o patrimonio arqueolóxico de Bueu con achados que datan do Paleolítico, os restos da Idade de Bronce e os asentamentos romanos. Todos eles reflexados e agochados nas igrexas, capelas, ermidas, cruceiros e pazos que se atopan en cada unha das parroquias. Destacan sobre todo, as Mámoas de Castiñeiras soterradas no recinto do parque empresarial, A Mámoa do Forno das Arcas en Cela, o Petróglifo das Abelaires en Bueu e o Pazo de Ouril en Beluso, entre outros.
O Museo Massó, situado no centro da vila, tamén merece ser visitado: ofrece exposicións permanentes relacionadas co mar, unha colección bibliográfica moi valiosa e unha sección adicada a navegación con instrumentos náuticos e maquetas de embarcacións históricas.
Tamén forman parte do concello de Bueu as Illas de Ons , arquipélago pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, un auténtico tesouro natural, polas súas paisaxes, flora e fauna.
Bueu é o punto de partida para a travesía ás Illas, xa que ofrece unha liña regular marítima durante o verán e Semana Santa. A viaxe en barco é un atractivo en sí memsa pola panorámica que ofrece ás rías de Pontevedra, Aldán e Arousa.
En terra agárdanos unha illa salvaxe con fermosas praias como a de Melide, de areas limpas e augas claras.
PRAIAS
Dentro do municipio pódense atopar todo tipo de praias, dende as urbanas que contan cuns mellores servizos ata as que son máis naturais e salvaxes, pasando por numerosas pequenas calas espalladas ao longo de toda a costa.
Comenzando coa parroquia de Cela, atopamos as praias de Portomaior, Lapamán e Agrelo, entre outras, cada unha coas súas propias características que as fan merecedoras dunha visita. No centro urban destacan as praias Loureiro e Banda do Río, esta última situada á carón do porto. Finalmente, entre praias da parroquia de Beluso, destacan a Praia de mesmo nome, Lagos, Tuia, Mourisca e Area de Bón.
Todas elas posúen unhas características moi particulares e propias, dende ríos cruzando os areais e bosques envolvendo ás dunas ata os perfís máis rochosos.
COMUNICACIÓNS
En canto a comunicacións, Bueu conta cunha liña de autobús interurbano con Cangas pola costa e pasando por Aldán ou polo interior a través da estrada PO-320. Bueu está unido a Pontevedra mediante a estrada C-550 (20 km), a Vigo mediante o Corredor do Morrazo ou a N-550. Tamén son boas as comunicacións cos aeroportos mediante a AP9 (Autopista do Atlántico): só dista 35kms do aeroporto de Peinador (Vigo) e 76 km de Lavacolla (Santiago).