Casa a estrear con vistas ao mar en Meiro, Bueu, situada no corazón da península do Morrazo, nunha contorna natural privilexiada.
A tan só 10 minutos de Bueu, Cangas e Moaña, e a menos de 30 minutos de Vigo e Pontevedra, esta propiedade ofrece unha ubicación ideal para desfrutar da tranquilidade sen renunciar á proximidade dos servizos urbanos. Zona verde rodeada de natureza e vistas totalmente despexadas con sol directo todo o día.
Ao entrar na casa, serás recibido por un amplo porche que dá acceso á planta baixa, de 99 m². Aquí atoparás un salón moi luminoso, unha gran cociña sen amoblar e un baño con ducha, ademais dunha habitación.
Na primeira planta, de 89 m², a casa conta con catro habitacións, unha delas con baño en suite con bañeira, e un baño adicional tamén con bañeira.
Todas as estancias son exteriores.
O soto alberga un gran garaxe de 99 m², ideal para varios vehículos ou como espazo de almacenamento adicional
A casa, que se atopa sen amoblar, ofrece unha gran oportunidade para personalizar cada espazo segundo os teus gustos e necesidades.
Está conectada á rede de saneamento, á traída de auga veciñal e ten ademáis pozo de barrena (aínda sen motor). Instalación eléctrica preparada para solicitar alta inmediata.
O terreo grande, de 2069 m² que rodea a propiedade engade un valor significativo, permitindo desfrutar da natureza e do aire libre.
Non dispón de calefacción.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno