Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Casa reformada con leira no Casal, Moaña (ref.4401)

Oportunidade
Vivenda situada en O Casal, en Moaña, moi preto da Vía Rápida e con excelentes comunicacións, ao lado do campo de fútbol Iago Aspas Juncal, con orientación oeste e sol ata última hora da tarde.

Casa distribuída en 3 plantas, que están comunicadas entre si por escaleira interior ademais do acceso exterior. Ademais, o prezo de venda inclúe unha parcela de 82 m² a escasos metros da casa, na parte traseira, con parte dun hórreo.

A planta baixa, de pedra vista (con intercambiador de aire), está totalmente aberta e comunicada, con unha estancia ampla de cociña americana, con porta acristalada ao exterior, totalmente equipada, con mobles e electrodomésticos e con despensa; outra estancia con cociña de leña e fregadeiro, tamén con porta de acceso ao exterior; un enorme salón-comedor con zona acristalada que achega luz natural; un dormitorio con armario encaixado e un baño completo con prato de ducha.

Á segunda planta accédese por escaleira de madeira polo interior, e nela atópanse 4 dormitorios, todos con armarios encaixados e chans de parqué, e un baño completo con bañeira, tendo acceso a unha ampla terraza. Nesta planta está instalada a estufa de pellets e as portas son de carballo.

A última planta baixo cuberta, á que só se accede dende o interior, está lóbrega e utilízase actualmente como almacén.

A planta baixa conta cunha entrada principal acristalada con verxa e tamén cunha porta lateral. Todas as estancias da vivenda son exteriores. Todas as ventás e portas son novas, de dobre cristal e ventás oscilobatentes. Ademais da calefacción por pellets, a planta baixa conta con acumuladores eléctricos.

Visita Virtual

Mapa de situación

A ubicación do inmoble é aproximada.

o seu entorno

Moaña rural
260.000 €

Resumo:

 Superficie 203 m2
 Parcela 174 m2
 Dormitorios 4
Baños 2
 Amoblado
 Cociña Amoblada
 Calefacción Pellets
 Trasteiro
 

E ademais

Estado Reformado
Ano 1980
Cal. Enerxética (En trámite) VER

Inmobles semellantes:

Casa en venda  en Moaña, Pontevedra . Ref: 3143. Lares Inmobiliaria
Moaña
295.000 €
Casa en venda  en Moaña, Pontevedra . Ref: 4312. Lares Inmobiliaria
Moaña
245.000 €
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

lares.mobiliagestion.es
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

YouTube (novo)

Gardar configuración