Casa á venda no alto da Portela, Bueu, moi preto do acceso á Vía Rápida e situada entre as vilas de Bueu e Cangas, nunha zona tranquila, soleada e con vistas totalmente despexadas e parcialmente ao mar.
Distribuída en planta baixa, conta con cociña independente, salón, 2 dormitorios e un baño. Ademais, na parcela hai unha construción anexa que se pode destinar a lavandería ou outro uso.
Dispón de xardín exterior, orientado ao sur, e unha zona de terraza, con vistas totalmente despexadas. É posible preparar unha entrada para vehículo. A instalación de fontanería está actualizada.
A vivenda conta con calefacción e auga quente por gasóleo, ten auga de pozo, pero na zona non hai servizo de auga de traída municipal. A zona si conta con servizo de saneamento, pero a vivenda non está conectada.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno