Casa á venda na zona de Darbo (Cangas) en perfecto estado e lista para entrar a vivir, situada nunha contorna moi tranquila e con todos os servizos preto.
A vivenda é luminosa e asollada, con orientación norte e sur.
Conta cun pequeno xardín ao redor da mesma, salvo polo seu linde Oeste (non estando encostada a ningunha outra vivenda).
A planta baixa distribúese en recibidor, cociña independente, amplo salón-comedor, unha pequena habitación e un aseo (todos os espazos son exteriores).
E na primeira planta, subindo por escaleira interior, atopámonos con tres dormitorios moi amplos, un deles con baño en suite, con ducha; e un baño xeral con bañeira (tamén todos os espazos son exteriores, con xanelas).
Dispón de dúas prazas de garaxe, unha delas cuberta e a outra descuberta.
No xardín que rodea a vivenda existe un asador.
A casa dispón de calefacción por acumuladores eléctricos e o ACS (auga quente sanitaria) é por termo eléctrico.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno