Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Casa con vistas ao mar en Meiro, Bueu (ref.4346)

Reservado

Casa a estrear con vistas ao mar en Meiro, Bueu, situada no corazón da península do Morrazo, nunha contorna natural privilexiada.

A tan só 10 minutos de Bueu, Cangas e Moaña, e a menos de 30 minutos de Vigo e Pontevedra, esta propiedade ofrece unha ubicación ideal para desfrutar da tranquilidade sen renunciar á proximidade dos servizos urbanos.  Zona verde rodeada de natureza e vistas totalmente despexadas con sol directo todo o día.

Ao entrar na casa, serás recibido por un amplo porche que dá acceso á planta baixa, de 99 m². Aquí atoparás un salón moi luminoso, unha gran cociña sen amoblar e un baño con ducha, ademais dunha habitación.

Na primeira planta, de 89 m², a casa conta con catro habitacións, unha delas con baño en suite con bañeira, e un baño adicional tamén con bañeira.

Todas as estancias son exteriores.

O soto alberga un gran garaxe de 99 m², ideal para varios vehículos ou como espazo de almacenamento adicional

A casa, que se atopa sen amoblar, ofrece unha gran oportunidade para personalizar cada espazo segundo os teus gustos e necesidades.

Está conectada á rede de saneamento, á traída de auga veciñal e ten ademáis pozo de barrena (aínda sen motor). Instalación eléctrica preparada para solicitar alta inmediata.

O terreo grande, de 2069 m² que rodea a propiedade engade un valor significativo, permitindo desfrutar da natureza e do aire libre.

Non dispón de calefacción.

Mapa de situación

A ubicación do inmoble é aproximada.

o seu entorno

Bueu
310.000 €

Resumo:

 Superficie 287 m2
 Parcela 2.069 m2
 Dormitorios 5
Baños 3
 

E ademais

Estado A estrear
Ano 2000
Garaxe
Cal. Enerxética (Pendiente certificar) VER

Inmobles semellantes:

Casa en venda  en Bueu, Pontevedra . Ref: 4436. Lares Inmobiliaria
Bueu
335.000 €
Casa en venda  en Bueu, Pontevedra . Ref: 3050. Lares Inmobiliaria
Bueu
280.000 €
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

lares.mobiliagestion.es
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

YouTube (novo)

Gardar configuración