Esta ampla casa, situada a poucos metros da fermosa praia de Menduiña, en Aldán, ofrece un estilo de vida costeiro único, con vistas ao mar e a tan só 5 minutos andando da praia.
Cunha parcela de aproximadamente 600 m², esta casa conta con zonas verdes que rodean tanto a construción principal como a adicional, que alberga unha acolledora zona de grella e comedor con cociña extra.
Reformada no ano 2005, ofrece un coidado deseño distribuído en tres plantas.
Na planta baixa, entrando por unha galería, accedemos a un espazo que combina cociña e salón, onde destaca unha acolledora cheminea de leña.
Ademais, nesta planta, atopamos un cuarto que actualmente se utiliza como lavadoiro, con armario encaixado e baño completo con ducha.
Subindo ao primeiro andar, dannos a benvida tres dormitorios con armarios encaixados e un acolledor salón con vistas panorámicas á ría de Aldán, con acceso a un balcón.
Tamén nesta planta hai un segundo baño cunha pequena bañeira.
Na planta superior, con teito abuhardillado, atópase un salón e dous dormitorios adicionais, que ofrecen un espazo versátil para adaptarse ás necesidades de cada familia.
No exterior atopamos unha construcción auxiliar pechada, destinada a cocina comedor e con grellada e cociña de leña. Ademáis conta na parte traseira, con outro espazo pechado, actualmente destinado a ximnasio.
Dispón de calefacción e auga quente sanitaria a gas propano para unha maior comodidade nos meses máis fríos. A carpintería interior é de roble e conta con doble ventá e velux na planta baixocuberta.
O inmoble dispón de xardín, un garaxe para un vehículo e unha situación privilexiada a escasos minutos da praia, que brinda a oportunidade de gozar dunhas impresionantes vistas panorámicas da ría e do entorno natural circundante.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno