Dispoñible á venda esta casa na Zona Vella de Cangas, na rúa Sol, a poucos metros do Eirado do Sinal e moi preto da Ex-Colexiata de Cangas, en segunda liña do paseo de Eugenio Sequeiros. Boa ubicación preto da Estación Marítima e de Autobuses, ao lado do Mercado Municipal, preto do Concello e da praia de Rodeira.
Con fachada sur, conta con moita luz natural, distribuída en 3 plantas (a planta baixa de 24 metros cadrados), as dúas últimas con balcón.
Require rehabilitación pero conta xa con placas de formigón que dividen as plantas e con tellado recentemente cambiado. Permitida a ampliación dunha planta máis (quedando unha vivenda de baixo, 2 plantas e aproveitamento baixo cuberta).
Excelente oportunidade de compra nunha zona de valor histórico e en auxe en canto a rehabilitacións de vivenda e actividade comercial.
o seu entorno