Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa para rehabilitar na Zona Vella de Cangas

Ref: 4048
Casa
51 m2 construidos.
24 m2 de parcela.
Para rehabilitar
Venda: 90.000 €
Cual. Enerx.: Exento

Casa á venda na rúa Sol, Zona Vella de Cangas, para rehabilitar pero con placas e tellado recentemente reformado.

Descrición
Dispoñible á venda esta casa na Zona Vella de Cangas, na rúa Sol, a poucos metros do Eirado do Sinal e moi preto da Ex-Colexiata de Cangas, en segunda liña do paseo de Eugenio Sequeiros. Boa ubicación preto da Estación Marítima e de Autobuses, ao lado do Mercado Municipal, preto do Concello e da praia de Rodeira.

Con fachada sur, conta con moita luz natural, distribuída en 3 plantas (a planta baixa de 24 metros cadrados), as dúas últimas con balcón. Require rehabilitación pero conta xa con placas de formigón que dividen as plantas e con tellado recentemente cambiado. Permitida a ampliación dunha planta máis (quedando unha vivenda de baixo, 2 plantas e aproveitamento baixo cuberta).

Excelente oportunidade de compra nunha zona de valor histórico e en auxe en canto a rehabilitacións de vivenda e actividade comercial.