Aluguer de tempada para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Vivenda ampla, de tres dormitorios, con salón-comedor, cociña independente e dous baños, ambos con bañeira.
Conta cunha galería no salón-comedor, orientada a sur e moi asollada.
O edificio conta con ascensor e praza de garaxe. Ao garaxe non se chega por ascensor.
A calefacción é por acumuladores eléctricos.
Situado no centro urbano de Cangas, a cinco minutos andando da praia de Rodeira e de todos os servizos.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para ao a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).
Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo. Compatible con deducións fiscais.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno