Dispoñible a principios de febreiro. Alugueiro de tempada para o curso escolar: este alugueiro supón o cumprimento íntegro do contrato dende o inicio do curso escolar ata o mes de xuño incluído (polo tanto exclúe os meses de verán).
Ático en perfecto estado de conservación en Cangas, fronte á praia de Rodeira. Con ampla terraza, nun edificio con ascensor na Avenida de Ourense, cos principais servizos preto e con boa comunicación coa vía rápida do Morrazo.
Dispón de recibidor con armario encaixado, salón-comedor con terraza, vistas despexadas e solleiro, cociña amoblada con todos os electrodomésticos, dous dormitorios, un deles con armario encaixado, un baño con ducha, un aseo e un cuarto para a lavadora.
Non conta con calefacción, agás un radiador de acumulación no dormitorio principal.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza esixida é dun mes e medio.
Alúgase amoblado e o prezo inclúe a comunidade, quedando a cargo do inquilino a luz, a auga e o lixo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno