Vivenda dúplex na urbanización O Gatañal, en Cangas. Zona situada entre o núcleo urbano e a zona rural, ao carón de colexios e praias e perfectamente comunicado.
Conta cunha primeira planta cun salón comedor moi amplo, cunha gran terraza con ventás á zona comunitaria axardinada e con piscina.
Nesta planta tamén temos unha xenerosa cociña e un práctico aseo.
A través da escaleira accedemos á segunda planta, que conta con 3 dormitorios, un deles suite con bañeira, con vestidor e outra terraza, os outros dous con armarios encaixados, e un baño xeral con bañeira. Todas as estancias son exteriores menos un baño e o aseo.
A urbanización conta con zonas xardinadas, parque infantil e piscina comunitaria.
A calefacción e a auga quente é centralizada por gasóleo.
Conta con praza de garaxe e rocho anexo a praza e moi amplo, pero non ten ascensor.
O prezo de venda non inclúe mobles.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno