Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Dúplex na urbanización O Gatañal, Cangas

Ref: 4293
Piso
134 m2 construidos.
Bo estado
Planta 2
Venda: 249.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 3
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Zonas comúns. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Piscina comunitaria. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Á venda este dúplex de dúas plantas nunha urbanización con piscina en Darbo, Cangas, con terrazas e praza de garaxe.

Descrición

Vivenda dúplex na urbanización O Gatañal, en Cangas. Zona situada entre o núcleo urbano e a zona rural, ao carón de colexios e praias e perfectamente comunicado.

Conta cunha primeira planta cun salón comedor moi amplo, cunha gran terraza con ventás á zona comunitaria axardinada e con piscina.

Nesta planta tamén temos unha xenerosa cociña e un práctico aseo.

A través da escaleira accedemos á segunda planta, que conta con 3 dormitorios, un deles suite con bañeira, con vestidor e outra terraza, os outros dous con armarios encaixados, e un baño xeral con bañeira. Todas as estancias son exteriores menos un baño e o aseo.

A urbanización conta con zonas xardinadas, parque infantil e piscina comunitaria.

A calefacción e a auga quente é centralizada por gasóleo.

Conta con praza de garaxe e rocho anexo a praza e moi amplo, pero non ten ascensor.

O prezo de venda non inclúe mobles.