Vexo Vigo, vexo Cangas...

Illas Cíes

Illas Cíes

As Illas Cíes forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xunto co arquipélago de Sálvora, o de Cortegada e o das Ons. Son un paraíso natural incomparable, un espazo natural protexido, que merece ser visitado polas súas paisaxes, miradores, rutas para pasear, observatorios de aves, a súa rica vexetación e fauna, así como ploa súa historia e gastronomía.

SITUACIÓN

Estas illas, pertencentes ao municipio de Vigo, sitúanse na boca da Ría de Vigo, nas Rías Baixas Galegas (en Pontevedra) formando un arquipélago constituído por tres illas: Norte ou Monteagudo, Do Medio ou do Faro e Sur ou San Martiño. As dúas primeiras atópanse unidas artificialmente por un dique e polo areal da Praia de Rodas.

A cidade de Vigo dista aproximadamente 14,5 km, que se percorren nun breve traxecto dende o mesmo porto da cidade grazas aos varios servizos diarios en barco de pasaxeiros de liña regular. Ademáis, dende as estacións marítimas de Baiona e Cangas, o visitante tamén pode realizar viaxes regulares contemplando a marabillosa Ría de Vigo e os seus pobos mariñeiros.

Barco nas Illas Cíes

LUGARES DE INTERESE

Os que adoran as praias disfrutarán nas Illas Cíes: ademáis da Praia de Rodas hai oito arenais máis, de entre os que destacan: Figueiras, quizáis unha das praias nudistas máis bonitas de Galiza e a de "Nosa Señora" con augas azul turquesa e vistas á illa de San Martiño.

Por outra banda, os que disfrutan do contacto coa natureza dun xeito máis activo poden pasear polas numerosas rutas existentes e perfectamente sinaladas, dende as que disfrutar das impresionantes vistas ás Illas e ás Rías de Vigo, Pontevedra e Península do Morrazo...

De entre as diversas rutas, hai unha ruta que todo viaxeiro debe facer, a do Monte do Faro, que leva ao faro situado no punto máis alto de todo o Parque Nacional.

Illas Cíes

SERVIZOS

Todo un atractivo destas illas é a posibilidade de acampar nun parque natural de tal beleza: grazas ao camping das Illas Cíes os visitantes teñen poden pernoctar na illa e disfrutar da súa paisaxe ás distintas horas do día e disfrutar da illa cando a maior parte dos visitantes xa partiron dela.

Para campistas ou visitantes, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas ofrece equipos de mergullo para descubrir os fondos mariños do Parque Nacional.

E por último, é importante saber que o Parque conta con guías-intérpretes especializados para atender as distintas rutas de sendeirismo guiadas gratuitamente, unha maneira de disfrutar máis profundamente da experiencia e aprender sobre a flora, fauna e historia do lugar.

Illas Cíes

Illas Cíes
Illas Cíes
 

ACCESOS DIRECTOS

Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!