Gardamobles en aluguer nunha localización perfecta, en Pedra Alta, por onde seguro pasas varias veces cada día...
Situado na planta baixa dun edificio residencial na Av. de Bueu, no tramo entre a urbanización Mar de Pedra e Lidl, este espazo está deseñado especialmente para satisfacer todas as túas necesidades de almacenamento ou mesmo estacionamento de moto.
Condicións óptimas: Este espazo conta con ventilación natural, libre de humidade, grazas á súa localización en planta baixa (non soto) entre vivendas na planta superior e garaxes na inferior. Ademais, está equipado con chans de formigón puído e moderna iluminación LED para a túa comodidade.
Acceso cómodo: Cunha entrada ampla de 110 cm de ancho, accesible para calquera tipo de carga (mesmo con carro), e zona de aparcadoiro dispoñible na Avenida de Bueu, fronte ao edificio, facilitando o acceso e a carga e descarga das túas pertenzas. Perfecto para gardar bicicletas ou mesmo motocicleta polo seu acceso directo desde a rúa.
Seguridade e tranquilidade: A porta exterior metálica e a alarma proporcionan unha protección adicional para a túa tranquilidade e a seguridade dos teus obxectos almacenados.
Prezo económico: 70€ ao mes, IVE incluído (sen ningún gasto adicional). Ademais, a fianza requirida é da esixida pola Xunta, equivalente a dúas mensualidades da renda, é dicir, 115€.
Non perdas a oportunidade de asegurar as túas pertenzas nun espazo seguro e cómodo. Só dispomos de 1 espazo con estas diminsiones. Contacta hoxe mesmo para máis información e reserva o teu espazo de almacenamento!
o seu entorno