Ref:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

A Historia de Lares

Os inicios

A idea primixenia do que un día chegaría a ser Lares comezou na vila de Cangas durante os anos 50.

Cangas do Morrazo foto antiga

Dúas mulleres, nai e filla, alleas aos convencionalismos da época, poñen en aluguer varias habitacións da súa casa familiar, que ocupan indistintamente traballadores e os primeiros veraneantes. Fina, que medra entre estes novos veciños, será quen, nos vindeiros anos, atenderá o negocio.

50s

Medrando

Fina e José van un paso máis alá e constrúen os que serán os primeiros pisos adicados ao aluguer en Cangas, e que ocupan principalmente familias da vila (algunhas viviron alí durante décadas). Anos máis tarde, ás vivendas de Cangas engádense varias edificacións no rural cangués: en Liméns e O Hío.

80, 90s

Cintia toma o relevo

O negocio familiar adquire forma de empresa (Basalnor S.L.), producíndose case simultáneamente o relevo xeracional na xerencia. Cintia dirixe a empresa na procura da profesionalización e modernización. Nestes tempos xurde a nosa primeira e primitiva páxina web (herbas.es), con fotos feitas cunha cámara compacta.

Cintia Basalo Nores inicia en Cangas do Morrazo

2006

Jacobo e máis renovación

A profunda transformación levada a cabo no negocio familiar terá por fin tamén reflexo exterior grazas á colaboración con Jacobo: así Basalnor estrea unha web de maior calidade, con deseño, fotos e contidos propios, onde amosar como merecían as vivendas da empresa. E coa nova web xurde tamén un nome: Alugueiro Lares.

Jacobo Martínez Nieto en Lares Inmobiliaria

2009

E así, Lares Inmobiliaria...

Pensándoo ben, Cintia tiña a experiencia de anos administrando os alugueres da empresa familiar, e tanto inquilinos como outros propietarios apreciaban o xeito de facer as cousas; e Jacobo estaba acostumado a revolucionar tecnolóxicamente proxectos empresariais, de xeito que, case espontáneamente, xurdiu a idea de crear algo novo. A dura crise económica, que afectaba especialmente ao sector inmobiliario, non botou a Cintia e Jacobo para atrás: crearían unha nova empresa, Lares Inmobilaria, que revolucionase o concepto tradicional de axencia inmobiliaria.

Antes da apertura da mellor inmobiliaria de Cangas

2010

...abre en 2010!

Así nace Lares Inmobiliaria, unha nova empresa, que os seus fundadores, Jacobo e Cintia, constrúen dende unha visión nada convencional do sector inmobiliario.

Cintia Basalo Nores en Lares en 2010

Con moita emoción e, despois de remodelar o local con axuda de Mauro Trastoy, no mes de xuño, abrimos a oficina na rúa Fonte do Galo, na que tamén atopamos espazo para o equipo de Alugueiro Lares, que seguiría xestionando os seus inmobles propios, adicados a prestar o mellor servizo aos seus inquilinos.

2010

Juanma e a web

Apenas un ano despois da súa estrea, Lares Inmobiliaria da un paso de xigante. Por unha banda, ampliamos equipo -coa incorporación de Juanma, aparellador-, conformándose un equipo de traballo interdisciplinario. E, por outra, ampliamos tamén servizos (ofrecendo inmobles á venda) e dotámonos de máis medios: estreamos programa de xestión e nova web, inmobiliarialares.es, que cambia a nosa forma de traballar.

A UVIGO en Cangas do Morrazo

2011

Máis colaboracións

Levamos a cabo o proxecto colaborativo “É para ti”, no que participan, entre outros, os artistas Santi Jiménez e Mauro Trastoy, na rehabilitación dun estudo de Alugueiro Lares na rúa Zaragoza, en Vigo.

Santi Jimenez e Mauro Trastoy con Lares inmobiliaria

2013

Chegan os vídeos

Non nos conformamos coa fotografía e lanzámonos ao vídeo para achegarvos un pouco máis á realidade.

A nosa canle de YouTube medrará con novas e diferentes fórmulas de retratar as propiedades.

2013 - 2014

Zona Vella renovada

Nestes anos, Basalnor S.L. segue a ser un referente para nós. Co acondicionamento do local para Emotiva Psicoloxía, conclúen as obras de rehabilitación dos edificios de Fonte do Galo 5 e 7, que cambiaron drásticamente esta céntrica rúa, agora con negocios nos seus baixos comerciais: Lares, O Galo da Loli, Emotiva Psicoloxía, Fonte do Galo Rock and Roll Bar... Neste mesmo ano levan tamén a cabo a rehabilitación da fachada da casa da Rúa Santa Baia esquina con Rúa do Sol (esa mesma onde deu comezo a historia de Lares).

Rúa Fonte do Galo en Cangas do Morrazo

2014

Lares Nosos rehabilita

Colaboramos na rehabilitación que Basalnor S.L. fai nun dúplex no Hío, documentando todo o proceso de reforma. Será o campo de probas para novas colaboracións profesionais, pero tamén o escenario perfecto para os primeiros voos de dron e para as gravacións coa tecnoloxía Lares 360 do vindeiro ano. Precisamente nestes vídeos Basalnor estrea marca, agora é Lares Nosos.

2015

Chegan os reforzos

Un ano chave neste camiño: Rebeca únese ao equipo, aterrando nos nosos vídeos, que agora tamén son aéreos; Jacobo faise piloto autorizado de dron.E iso non é todo, arrancamos coa realidade virtual, tanto en vídeo 360 como a través de completas visitas nas que Anxo, o novo técnico audiovisual de Lares, da os seus primeiros grandes pasos.

2016

Lares é noticia 

Os medios fanse eco das innovacións tecnolóxicas levadas a cabo por Lares. Por unha banda, o diario dixital Código Cero e Radio Galega entrevistan a Jacobo para saber máis sobre o uso do vídeo aéreo e da tecnoloxía 360 no sector inmobiliario. E por outra, Idealista, o portal inmobiliario máis recoñecido a nivel estatal, visítanos na oficina de Cangas, publicando en Idealista News unha reportaxe e entrevista a Cintia, resaltando tamén o uso das novas tecnoloxías.

Idealista Inmobiliarias Cangas Galicia

2016

Nova web e nova oficina

O "17" foi probablemente un dos anos máis importantes para nós, con fitos que marcaron o presente de Lares. A primeiros de ano chegou a nova web, lares.gal, que supuxo unha profunda renovación estética e funcional que nos levou un paso máis alá. Máis tarde, en pleno verán, mudámonos á Rúa do Sol 19, a un local do que fixemos a rehabilitación integral en pouco máis de 5 semanas, convertindoo no lugar que máis nos representa, onde podemos traballar e atendervos mellor.

Así, xuntos, extendemos unha visión sobre a vivenda actual que cada vez máis xente comparte.

2017
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!