Chalé de pedra situado en San Roque, Cangas, no alto do Monte do Elefante, con espectaculares vistas á Ría de Vigo, nunha zona moi tranquila e excepcionalmente asollada desde a que se divisa ao completo o pobo de Cangas e a súa contorna.
Todo exterior, conta cunha parcela de 2.158 m2, na que se asenta o inmoble e os seus anexos. A vivenda ten unha superficie construída de 490 m2 aproximadamente.
Atópase nun estado impecable e listo para entrar a vivir. Consta de soto, planta baixa e primeira planta, ademais de espazo-cenador con asador, zonas de rega por toda a parcela, ducha no xardín, tendal cuberto e varias especies de froiteiras (maceiras, kiwis, ciruelos, peral, mirabel, etc).
A planta de soto, destinada a garaxe para dous vehículos, tamén conta cunha zona ampla para lavandaría, almacén, un aseo e armarios.
Na planta baixa, á que se accede mediante escaleiras, atopámonos un amplísimo salón, a cociña independente con todo tipo de electrodomésticos, un salón-comedor máis pequeno, un aseo, unha habitación que agora mesmo é un estudo ou oficina e un amplo espazo que se destinou despois dunha reforma a salón para grandes reunións e comidas familiares ou doutro tipo. Gran parte da planta baixa atópase rodeada por un gran soportal desde o que se pode contemplar toda a Ría de Vigo e a montaña, con sol todo o día.
Por escaleiras interiores chegamos á primeira planta, que se distribúe en tres amplos dormitorios, todos exteriores, cunha fermosa terraza asollada e con vistas, un espazo para comedor e dous baños con ducha.
A inmoble conta con dous pozos de auga (un para a auga sanitaria e o outro para a zona de rega do xardín).
Dispón de alarma, persianas de seguridade e chans de madeira de carballo, así como os armarios.
A calefacción é a través de chan radiante, do mesmo xeito que a auga quente sanitaria (ACS), sendo ambos a través da caldeira de gasoil que se atopa na planta de soto.
Dispón dun muro de pedra de contención ao redor de toda a leira e portal de entrada automático.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno