Situado no Casco Vello de Cangas, céntrico e moi preto do paseo marítimo, con acceso desde a rúa Barreiros, a poucos metros da rúa San José e con todos os servizos a man.
Con estupendos acabados interiores e calidades (carpintaría en madeira natural con climalit, etc.), está distribuído en dous dormitorios con armarios encaixados, un de matrimonio e outro con cama niño. Conta cun agradable salón-comedor con porta balconera e saída a un balcón con vistas a rúa Lirio, desde o cal se accede a unha cociña americana de bonito deseño, totalmente equipada, mesmo lavalouzas e combi, un completo baño xeral con prato de ducha e radiador toallero e un lavadoiro no patio interior con acceso desde o corredor, onde se sitúa a lavadora e o termo de auga eléctrica para a auga quente sanitaria (ACS).
Dispón de rocho na planta baixa, ascensor e calefacción eléctrica.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno