Local comercial facendo esquina entre a Rúa do Sol e Rúa Nova, en pleno Casco Vello de Cangas, nunha zona moi comercial e con movemento de persoas, tanto de mañá como de tarde.
De aproximadamente 70 m2, cun espazo pechado para almacén e un aseo.
Totalmente acondicionado, con luz e auga dadas de alta e licenza en vigor.
Dispón de catro xanelas para escaparates, visibles desde ambas as rúas e con todos os servizos a man.
A renda inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
A fianza esixida é de 2 mensualidades de renda. Pódense esixir garantías adicionais de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno