Casa en alugueiro anual en Areabrava (Hío), Cangas, situada moi preto da praia e a 10 minutos en coche do centro de Cangas, nunha contorna moi tranquila.
A vivenda é moi luminosa e con vistas despexadas.
A planta baixa distribúese en cociña completa con todos os electrodomésticos, salón-comedor, un dormitorio e un baño con ducha.
No primeiro piso atopámonos con tres dormitorios, amplo salón con estupendas vistas e un baño con ducha.
Na entrada á planta baixa gozamos dunha ampla zona exterior ideal para gozar de reunións familiares ou eventos.
O inmoble dispón de espazo na entrada no que se pode estacionar un vehículo e ao fondo un garaxe cuberto para outro.
A calefacción e a auga quente sanitaria son por caldeira de gasoil.
Non se admiten mascotas.
Alúgase amoblada, quedando por conta do inquilino, a luz, a auga, o gas e o lixo.
Esíxese fianza de mes e medio e garantías de solvencia para a formalización do contrato. Valorarase a presentación de garantías adicionais. Consultar compatibilidade con deducións fiscais.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno