Piso moi amplo, de 115 m2 útiles, aproximadamente, en pleno centro de Cangas, con terraza orientada a Sur e con todos os servizos a man.
Actualmente estaba destinado a consulta, polo que non dispón de cociña nin de salón, aínda que polos seus ocos, poderíase distribuír en tres dormitorios, cociña independente, amplo salón-comedor, recibidor espazoso e dous baños, incluíndo no dormitorio principal un vestidor e porta con saída á terraza orientada ao sur e moi asollada durante todo o día.
Inclúese un plano coa posible distribución do inmoble.
O edificio dispón de ascensor, calefacción por gas natural e a auga quente sanitaria (ACS) tamén por gas natural.
Non dispón de garaxe nin de trasteiro.
Excelente oportunidade para gozar dunha vivenda con terraza en pleno centro de Cangas.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno