Vivenda encostada situada na zona da Ameixoada, a 400 m da rotonda do viario de acceso á vía rápida e a 3 min da rotonda do Gordo, cunha excelente localización respecto de Moaña e Cangas, así como cara Vigo, nunha zona tranquila.
A casa está rodeada por zona axardinada nas súas tres fachadas libres e orientada cara ao suroeste, recibindo sol directo pola mañá na parte traseira da leira onde se sitúa o asador, e percorrendo todas as fachadas segundo avanza o día ata recibir sol de tarde na parte dianteira, gozando dun excelente soleamento.
A casa dispón dun gran garaxe na planta de soto con acceso da fachada principal da casa mediante rampla de entrada, onde ademais sitúase unha sala acondicionada como comedor e cunha escaleira interior que comunica co resto da vivenda.
En planta baixa sitúase a cociña, independente, un gran salón que percorre toda a planta e remate en dúas terrazas, unha en cada fachada, servindo a traseira como acceso á leira. Esta planta dispón de baño xeral e dormitorio. Na planta alta sitúanse outros 3 dormitorios e baño xeral, contando o dormitorio principal coa mesma organización de terrazas que o salón (unha a cada fachada) e con vestidor e baño propio.
Conta con calefacción por radiadores con caldeira de gasóleo, tamén para o acs, fío musical, rego automático e persianas motorizadas.
O prezo de venda inclúe os mobles e a casa no seu estado actual.
o seu entorno