Esta casa tradicional galega atópase en Aldán, nos arredores do Bosque Encantado con vistas á ría.
Desde a entrada principal á leira atopámonos coa vivenda e dúas adegas (destinadas a almacenaxe, unha delas conserva un forno de pedra), unha a cada lado da casa con un patio central.
A vivenda consta de tres plantas. A primeira distribúese nun gran comedor con lagar tradicional, dous dormitorios e baño. Polo exterior, a través dun patín, accédese á primeira planta. Esta conta cunha sala con cheminea orixinaria de pedra, outra sala con saída a un balcón con vistas á ría de Aldán, cociña independente, baño e 2 dormitorios e desde esta mesma planta accedemos á baixocuberta con 2 dormitorios, un deles con saída a un balcón e dous rocho.
Hai tamén un hórreo de 12 m2 na leira, en perfecto estado de conservación, un pozo de auga e unha construción na parte traseira como alpendre.
Boa localización tanto para primeira como para segunda residencia pola súa próximidade a Aldán (preto de todos os servizos, centro de saúde, colexios, etc.) e proximidade ás praias. Está perfectamente comunicada coa rotonda que da acceso á Vía Rápida. Excelente opción como investimento para poder destinar a casa rural polas características da propiedade e da contorna.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno