Edificio histórico con división horizontal, situado nunha localización estratéxica no corazón de Cangas, practicamente fronte ao Concello de Cangas. Unha oportunidade única de investimento, tanto pola rendibilidade actual como polas súas posibilidades de ampliación.
O edificio está composto por tres unidades diferenciadas en altura:
- Baixo comercial, actualmente alugado —dende hai décadas— por unha entidade bancaria de primeiro nivel (BBVA), o que garante unha renda constante e atractiva.
- Entrechán, con acceso directo dende o propio baixo, que achega espazo adicional al mismo.
- Vivenda independente situada na planta superior.
A normativa urbanística vixente permite edificacións de ata Baixo + 4 plantas + Baixo cuberta, o que abre a porta a un ambicioso proxecto de ampliación ou desenvolvemento inmobiliario nun enclave de alto valor estratéxico.
Ademais da súa excelente localización, o inmoble destaca pola súa fachada histórica de gran valor estético, a súa alta visibilidade comercial, e a súa situación nunha zona de intenso tránsito peonil e rodado, ideal para negocios e actividades de atención ao público.
Unha propiedade con enorme proxección, tanto para investidores que buscan rendibilidade inmediata, como para promotores interesados en maximizar o seu aproveitamento edificable.
Consúltanos para máis información.
o seu entorno