Piso á venda situado no Paseo Marítimo de Rodeira en Cangas, a 50 m. da praia de Rodeira, en pleno centro do pobo e con todos os servizos a man.
Distribuído en tres dormitorios, saliña cunha galería-terraza, cociña independente con saída a patio de luces (nese patio hai zona de lavandaría), un baño con ducha e un aseo. Solo a sala e o dormitorio principal dan ao exterior (á rúa Félix Ozámiz, orientación norte), todas as demáis estancias son interiores, dan patio de luces. Os baños son interiores, sen ventá.
O edificio conta con ascensor e praza de garaxe (á que chega o ascensor). Non ten rocho.
A calefacción é por chan radiante e a auga quente sanitaria, por gas butano.
A entrada ao edificio é accesible, sen ningún tipo de chanzo até o ascensor.
O inmoble supón unha oportunidade de ter unha vivenda preto da praia.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno