Moderno apartamento de dous dormitorios sito na entrada de Vilariño, moi preto da praia e do Paseo de San Cibrán e de todos os sevizos de Vilariño e Aldán.
Sito na planta baixa do edificio, conta con amplísimas ventás que lle proporcionan moitísima luminosidade. Está composto por unha bonita combinación de cociña americana e salón-comedor, amoblado con mobles modernos e moi asollado grazas á ampla cristaleira. Conta ademais con dous dormitorios con armarios encaixados e o secundario ademais con acceso ao patio de luces, e un baño xeral con bañeira. Dispón de lavalouzas, cociña e auga quente sanitaria por termo eléctrico. A calefacción é por radiadores eléctricos.
O edificio conta con ascensor. Véndese amoblado, sen praza de garaxe pero con rocho.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno