Casa de pedra situada na zona vella de Vigo, preto do Mercado do Berbés, nun enclave cheo de historia e encanto.
Esta vivenda está completamente reformada e combina o encanto rústico da pedra cun deseño interior moderno que ofrece confort e funcionalidade.
Na planta baixa atopamos unha cociña-comedor totalmente equipada, que inclúe electrodomésticos como un lavalouzas compacto, neveira e forno, ademais da lavadora.
Subindo á primeira planta, descubrimos un salón totalmente exterior. Esta planta conta ademais cunha pequena habitación exterior e un aseo.
Na segunda planta, dispoñemos de dúas habitacións exteriores, ambas con armarios empotrados e decoradas con bo gusto para ofrecer un espazo acolledor e funcional.
Completa esta planta un baño equipado cunha ducha.
A casa conta con calefacción eléctrica, ventás oscilobatentes con cristais Climalit que ofrecen illamento acústico e térmico.
Ademais, conta cun coidado deseño interior que combina modernidade e elegancia.
No prezo de venda inclúese o mobiliario. Ademáis a vivenda entrégase totalmente equipada, tanto con electrodomésticos como con enxoval. Ten licencia de Vivenda de Uso Turístico.
A vivenda atópase na zona de O Berbés, a poucos metros do mercado, a menos de 150 metros de paradas de autobús, preto de bibliotecas, colexios, institutos, farmacias, e a 300 metros do centro comercial A Laxe, así como de supermercados e tendas.
Unha casa que permite gozar de todos os servizos e do encanto que ofrece esta parte emblemática da cidade.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno