Lares vende casa situada na zona vella de Cangas. Cunha fachada orientada á zona vella e outra á Avenida de Vigo.
A casa conta cun fermoso xardín e unha zona de grellada, perfecta para gozar de momentos de lecer ao aire libre.
Ademais, dispón de dúas entradas independentes, o que permite que a planta superior poida estar separada da planta baixa, creando así dúas vivendas separadas e con privacidade.
Na planta baixa atopamos un amplo salón-comedor, unha ampla cociña con forno de ferro tradicional e acceso ao xardín e zona de grella.
Tamén nesta planta hai é un cuarto de baño con ducha e un espazo que se podería converter en dous dormitorios se se divide.
No primeiro andar recibenos un luminoso salón-comedor con balcón orientado á zona vella.
Tamén atopamos unha ampla cociña con balcón e vistas á Avenida de Vigo e acceso por escaleiras ao xardín da casa.
Ademais, nesta planta, atopamos un baño con ducha, outro con bañeira e tres dormitorios.
A seguinte planta, a planta baixo cuberta, está en construción coas divisións feitas pero non preparada.
Pódese reformar como un segundo andar con habitacións adicionais ou incluso converterse nunha vivenda independente.
A casa dispón de fiestras dobres para un mellor illamento térmico e acústico, calefacción e auga quente por gasóleo.
Esta propiedade ofrece unha oportunidade única para gozar do encanto da zona vella de Cangas, con posibilidade de adaptala e mesmo dividila en varias vivendas.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno