Gran oportunidade de compra de casa para reformar, preto do centro de Cangas, localizada na zona de Cimadevila, Darbo, a 10 minutos andando do centro.
Situada moi preto de centros educativos como o colexio Compañía de María e do IES María Soliño, nunha zona moi tranquila e cunha excelente orientación ao sur, soleada todo o día.
Componse de planta baixa, primeira planta e baixo cuberta con terraza. Finca de 219 m², onde podemos atopar un antigo lavadoiro ben conservado e unha construción anexa. Dispón de auga a través da Comunidade de Augas do Castelo.
Inscrita no Rexistro da Propiedade.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno