Ref.:
Tipo:
En:
Data entrada/saída:
Capacidade:
Habitacións:
Baños:
Características:

Apartamento fronte á praia de Rodeira, Cangas (ref.4119)

Prezos datas

Resumo:

 Días de estadía mínima 1
 Capacidade 6
 Dormitorios 2
 Baños 1
E ademais
Camas dobres 1
Camas individuais 2
Sofás cama 1
Superficie 61 m2
1ª liña de praia
Lavavasos
Terraza

Apartamento recentemente reformado, enfronte ás pistas deportivas do Keniata, en fronte á praia de Rodeira, en Cangas. Ten entrada principal desde a entrada do edificio, e outro acceso a través dunha terraza na fachada exterior, desde a cal se sae directamente á rúa, tendo o areal da praia a 100 metros.

Distribúese nunha estancia aberta de cociña salón moi asollada, con acceso á terraza onde se atopa tamén a zona de lavandaría. A cociña está perfectamente equipada, con electrodomésticos novos (lavalouzas) e con ampla ventá. Capacidade de almacenamento, unha mesa comedor e sofá cama (sistema italiano) con capacidade para 2 adultos. Conta con dous dormitorios, un principal con cama dobre e armario que ten xanela á entrada do edificio e outro secundario interior, con dúas camas individuais e armario tamén. Baño xeral con porta corredera traslúcida con prato de ducha e un pequeno almacén situado no recibidor de entrada con luz.

Conta con wifi pero non ten praza de garaxe.

Non se admiten mascotas.

Alúgase equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer. Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.

Vivenda incluída no Rexistro de Vivendas de Uso Turístico: (VUT-PO-010624).


Dispoñibilidade

Días ocupados

Formulario de solicitude de información

- €




Resumo reserva

Importe estancia
-
Servizos extra
-
Total reserva:

Tarifas

Tarifa Día Semana * Quincena ** Mes ***
Estándar 60,00 € 85,71 € 73,33 € 1.800,00 €

*
Estancia de 7 noites
**
Estancia de 14 noites
***
Estancia de 30 noites

Ubicación

A ubicación do inmoble é aproximada.
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!