Ref.:
Tipo:
En:
Data entrada/saída:
Capacidade:
Habitacións:
Baños:
Características:

Piso cerca da praia de Rodeira (ref.2225)

Prezos datas

Resumo:

 Días de estadía mínima 1
 Capacidade 4
 Dormitorios 2
 Baños 1
 Calefacción
E ademais
Camas dobres 2
Superficie 80 m2
Ascensor
Garaxe

Apartamento na rúa Longán,  moi preto da praia de Rodeira e a uns minutos a pé do centro da vila de Cangas.

Situado no cuarto andar dun edificio de nova construción, trátase dun piso tremendamente luminoso e moi asoallado durante todo o día. Todo exterior e con luces en todos os ocos, mesmo no baño o cal dispón dun gran prato de ducha con mampara.

Componse de dous grandes dormitorios con camas de matrimonio e armarios encaixados, cociña independente con combi e mesa de comedor, e un gran salón-comedor aberto ao recibidor. Dispón dun estupendo sofá cama para tres prazas no salón. Ten ascensor e rocho e garaxe no edificio do lado.

Non se admiten mascotas.

Alúgase amoblado, equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese unha fianza, que dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.

Non se realizará ningún cargo adicional polo consumo de auga e luz. As reservas para estancias non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.

Vivenda incluida no Rexistro de Vivendas de Uso Turístico de Galicia: 
(ENTRADA 1973 / RX 1263004)


Dispoñibilidade

Días ocupados

Formulario de solicitude de información

- €




Resumo reserva

Importe estancia
-
Servizos extra
-
Total reserva:

Tarifas

Tarifa Día Semana * Quincena ** Mes ***
Estándar 120,00 € 900,00 € 1.400,00 € 2.900,00 €

*
Estancia de 7 noites
**
Estancia de 14 noites
***
Estancia de 30 noites

Ubicación

A ubicación do inmoble é aproximada.
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!