No centro de Cangas, con ampla terraza, moi asollado e con total tranquilidade, sen ruídos de tráfico, nin da rúa xa que é unha planta quinta, orientada cara a unha zona verde.
Dispón de 2 habitacións, ambas as con cama dobre, salón, cociña independente e un baño.
O salón e ambas as habitacións son exteriores con ventá á terraza, con vistas despexadas. A cociña, moi ampla, ten unha pequena galería ao patio de luces.
O salón é amplo, con mesa de comedor, sofá de 3 prazas e unha butaca elevable con mando, ideal para persoas que teñan dificultades para incorporarse.
O baño foi reformado para facelo accesible e conta cun amplo prato de ducha, con barreira de seguridade para facilitar a mobilidade e cadeira antiescorregadiza.
A cociña é moi cómoda pola súa amplitude. Conta con mesa extensible, lavalouzas, frigorífico combi etc. A auga quente é eléctrica (acumulador).
A vivenda é moi confortable todo o ano. Dispón de calefacción por chan radiante con termostato individual en cada estancia, e para protexerse da calor do verán conta con toldos para resgardar do sol a terraza e ventilador no salón.
A terraza está equipada con mobiliario de exterior para o seu disfrute: mesa extensible, cadeiras e cadeiras reclinables de madeira.
A vivenda entrégase totalmente equipada, con enxoval, roupas de cama, toallas, etc. Dispón de Wifi, con fibra de R.
Edificio con ascensor, totalmente accesible, sen ningún paso no portal e rampla suave.
Alúgase, para estancias de entre 1 e 3 meses: ideal para traballadores desprazados temporalmente, como alternativa habitacional por reformas, visita de familiares, convalecencia con necesidade dunha vivenda accesible, ou calquera outra circunstancia na que se requira unha vivenda totalmente equipada e accesible a un prezo asequible (desde 25€/día). Para estancias en tempada non estival non se incluirá na tarifa o custo da electricidade.
A tarifa estándar é a aplicable na tempada baixa (dende o 1 de Outubro ao 31 de Maio). Para a tempada media (xuño e setembro) e tempada alta (xullo e agosto) publícanse tarifas específicas.
En todo caso, as tarifas publicadas son orientativas. Consultar en función da duración da estancia, número de persoas etc.