Nunha preciosa leira con vistas ao mar, fronte á Ría de Aldán. A leira é compartida con outros apartamentos, pero é moi ampla, con parking, merendero, etc.
O piso dispón de dous dormitorios con armario encaixado, ambos con vistas ao mar, salón con balcón e vistas ao mar e cociña independente. Ademais ten un amplo recibidor. Ten acceso desde unha planta baixa, pero en realidade é un primeiro. A calefacción é central (caldeira de gasoil) e a auga quente eléctrica (termo de 150l). Moi ben comunicado coa vía rápida.
Ofrécese equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer. Non se admiten mascotas.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.
Distancias: Cruceiro do Hío: 500 m, Praia de Vilariño: 1,3 km, Praia de Liméns: 1,6 km, Praia de Arneles: 1,6 km, Aldán: 1,7 km, Praia de Nerga: 2,5 km, Praia de Barra: 3 km, Praia de Areacova: 3 km, Cangas de Morrazo: 4,4 km, Cabo Home: 4,8 km.
Inmoble inscrito no rexistro de vivendas de uso turístico. SIGNATURA: VUT - PO - 001349