Casa á venda no Casco Vello de Cangas, nun contorno moi tranquilo.
Situada preto do Eirado do Costal, a 2 minutos camiñando da Alameda Vella, da Estación Marítima e do paseo.
A vivenda atópase semirehabilitada, distribuída en cociña-salón na planta baixa, cunha despensa na entrada e un baño con ducha. Xa na primeira planta, atopamos a zona de dormitorio cun pequeno espazo de almacenaxe empotrado, na que existe unha galería-terraza orientada ao leste e soleada pola mañá. A través dunha escaleira pregable pódese acceder ao faiado.
Nestes momentos conta con cociña e baño na planta baixa e dormitorio na primeira planta con galería; o faiado está lóbrego.
A vivenda non conta con ningún tipo de protección. Permítese planta baixa, primerio e aproveitamento baixo cuberta. As placas son de madeira e o tellado é compartido coa casa do lado.
Non dispón de calefacción e as placas da vivenda son de madeira.
Excepcional opción como vivenda habitual para os amantes do Casco Vello de Cangas.
Non inscrita no Rexistro da Propiedade.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora. O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro. A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno