Local en venda ou aluguer, de aproximadamente 280 m2, no centro de Seixo, con boa comunicación e preto das praias de Loira e Aguete.
O local está equipado e amoblado como cafetaría, aínda que o seu uso pode variar a gusto do comprador ou inquilino.
Conta con cociña, saída de fumes, dous baños e un aseo.
Actualmente unha parte do local atópase acondicionado como academia de estudos.
En caso de aluguer, a fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno