Casa histórica de pedra, con alto valor patrimonial, para rehabilitar, á beira da Ex-Colexiata e a pé da rúa Real, arteria principal da Zona Vella de Cangas, zona moi transitada, rodeada de todos os servizos e do encanto da zona máis antiga de Cangas.
Constituída por tres plantas: baixo, primeiro e planta baixo cuberta, con orientación sur, completamente asollada durante todo o día. Teitos moi altos e conserva aínda a carpintaría das portas e da escaleira de acceso ás plantas superiores.
Conta cun pequeno xardín traseiro.
O inmoble, ademais de poder destinarse a unha ampla vivenda céntrica, ofrece moitas posibilidades como inversión xa que tamén pode orientarse a algunha actividade comercial, como por exemplo a hostal, polo seu tamaño e privilexiada localización.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno