Apartamento sito na rúa Félix Ozámiz, á beira do Paseo Marítimo de Cangas. Excelente ubicación entre o Concello de Cangas e a praia de Rodeira.
Distribúese nun salón exterior á rúa Félix Ozámiz, cociña independente equipada, dous dormitorios e un baño completo con bañeira. Todas as estancias son exteriores a excepción do baño e o dormitorio secundario que da a patio de luces. Vistas ao mar desde as estancias que dan á fachada leste (rúa Rosalía de Castro).
A vivenda non conta con calefacción pero hai preinstalación de gas natural no edificio.
Conta con rocho na planta baixo cuberta e o edificio dispón de ascensor e é accesible desde o portal de entrada.
O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada e con electrodomésticos.
Non inclúe praza de garaxe pero a zona permite o aparcamento a residentes.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno