Piso amplo e totalmente reformado, con excelentes calidades, en pleno centro de Vigo, no cruce dos Choróns, con todos os servizos a man, nunha zona moi ben comunicada a través do transporte urbano.
Distribuído en tres dormitorios, dous deles con vestidor e o terceiro con armario encaixado, un baño con ducha, salón-comedor e cociña independente totalmente equipada (lavadora, secadora, lavalouzas, etc).
A calefacción é por radiadores eléctricos e a auga quente sanitaria (ACS) é por termo eléctrico.
Dispón de conexión wi-fi e é totalmente accesible desde o portal da rúa até o ascensor e até a porta do piso.
Alúgase amoblado, salvo un dormitorio e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta do inquilino, a luz, a auga e o lixo.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato así como un mes de renda en concepto de fianza. Compatible con deducións fiscais.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno