Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Ático en alugueiro para curso escolar en Rodeira (ref.4397)

Namóranos

Dispoñible a principios de febreiro. Alugueiro de tempada para o curso escolar: este alugueiro supón o cumprimento íntegro do contrato dende o inicio do curso escolar ata o mes de xuño incluído (polo tanto exclúe os meses de verán).

Ático en perfecto estado de conservación en Cangas, fronte á praia de Rodeira. Con ampla terraza, nun edificio con ascensor na Avenida de Ourense, cos principais servizos preto e con boa comunicación coa vía rápida do Morrazo.

Dispón de recibidor con armario encaixado, salón-comedor con terraza, vistas despexadas e solleiro, cociña amoblada con todos os electrodomésticos, dous dormitorios, un deles con armario encaixado, un baño con ducha, un aseo e un cuarto para a lavadora.


Non conta con calefacción, agás un radiador de acumulación no dormitorio principal.

Non se admiten mascotas.


Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza esixida é dun mes e medio.

Alúgase amoblado e o prezo inclúe a comunidade, quedando a cargo do inquilino a luz, a auga e o lixo.

Mapa de situación

A ubicación do inmoble é aproximada.

o seu entorno

Cangas
550 €/mes

Resumo:

 Dormitorios 2
Baños 2
 Amoblado
 Cociña Amoblada
 

E ademais

2ªliña de praia
Estado Impecable
Ano 1997
Ascensor
Cal. Enerxética (Pendiente certificar) VER

Inmobles semellantes:

Piso en venda  en Cangas, Pontevedra . Ref: 4441. Lares Inmobiliaria
Cangas
180.000 €
Piso en venda  en Cangas, Pontevedra . Ref: 4432. Lares Inmobiliaria
Cangas
200.000 €
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

lares.mobiliagestion.es
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

Gardar configuración