Baixo comercial no centro de Cangas, en Rúa Noria 6, rúa moi comercial, con moitas tendas de moda, electrodomésticos, veterinario, tendas de deportes, Ibedrola, etc.
Con enorme escaparate (toda a fronte de fachada) e moita visibilidade desde a Avenida de Marín, xa que está xusto na confluencia da rúa Gondomar (a que baixa do Centro de Saúde) con Noria. Anteriormente dedicado a despacho de pan (Panadaría Cal). Ademais da estancia principal ten unha segunda dependencia, con paredes alicatadas e un aseo. Non dispón de saída de fumes.
Entrégase listo para iniciar actividade: con instalación eléctrica, fontanaría e iluminación completas, paredes e teitos recentemente pintados en branco e altas de luz e auga.
A renda indicada é a base impoñible (suxeita a IVE do 21% e retención por IRPF do -19%). O inquilino debe facerse cargo dos recibos de electricidade, auga e lixo. En cambio IBI e comunidade son a cargo do propietario.
Para o seu aluguer é necesaria a presentación de garantías de solvencia e ademais, como en todos os alugueres de local comercial, é imprescindible a entrega de dous meses de fianza para o seu depósito na Xunta de Galicia.
o seu entorno