Na Pedra Alta atópase este local comercial con gran potencial polo seu amplo tamaño e pola localización nunha zona de actividade comercial, situada nun punto de fácil acceso ao centro urbano e Vía Rápida .
O local está acondicionado case na súa totalidade, pendente acabados e alta de suministros. Ten escaparate á fronte e adaptación para el na parte traseira. Terrazas á fronte e no lateral, porta traseira, cheminea e baño instalado pero sen pezas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención no IRPF que corresponda en cada momento. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
A fianza esixida por lei para locais comerciais é de 2 mensualidades.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno