Local comercial a pé de rúa na Avenida de Lugo.
Gran tamaño para actividades que precisen accesibilidade e visibilidade, xa que ten dúas fachadas, a principal con moita amplitude para escaparate e a da parte traseira, con posible zona de carga e descarga, facendo que o local sexa idóneo para actividades que ademais de dirixirse cara o público necesiten zona de almacén.
Excelente situación, en rúa moi transitada, próximo ao Auditorio Municipal, INEM e Servizos Sociais do Concello de Cangas. Moi boa comunicación coa zona vella e cara á vía rápida.
Agora mesmo atópase lóbrego.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga, lixo e depuradora.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno