Baixo comercial con fachada principal na rúa Gondomar (rúa de unión da Avenida de Marín e rúa Noria) e fachada lateral na rúa A Garda.
O local ten unha superficie total de 150m2, con 17 metros de fachada con grandes escaparates á rúa Gondomar e un espazo contiguo destinado a almacén, con entrada para vehículos, de 59m2 desde a rúa A Garda.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de electricidade, auga e lixo.
O prezo inclúe os gastos de comunidade pero é libre de impostos, é dicir, haberá que sumarlle o IVE que corresponda (e segundo o caso deducirlle a retención por IRPF).
Requírese xustificación de solvencia económica e a entrega da fianza mínima legal, que coincide con dúas mensualidades de renda. É imprescindible a presentación dun seguro fronte a falta de pagamentos.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno