Apartamento con excelentes acabados, completamente amoblado e equipado, listo para entrar a vivir.
Distribuído en: recibidor, amplo salón-dormitorio (con cama abatible de calidade de 150 cm), cociña independente e baño (con prato de ducha).
Con calefacción (acumuladores) e auga quente (termo de 150l) eléctricos. Carpintaría en madeira interior e exterior, chan de madeira, dobre ventá climalit, cociña completa con electrodomésticos (lavadora, frigorífico combi, vitrocerámica, forno, microondas etc), incluso pequenos electrodomésticos.
En primeira planta dun pequeno edificio restaurado, moi tranquilo, de só dúas vivendas en Rúa San Pedro, entrada do Camiño de Santiago, limítrofe coa "améndoa" e ao mesmo tempo moi ben comunicado coas saídas da cidade (Av. Lugo)
Barrio, con moita vida, todos os servizos (froitaría, peixaría, supermercado, etc a poucos metros do apartamento) e preto de amplas zonas verdes como Belvís e Parque de Bonaval.
O inquilino ten que pagar a electricidade e Viaqua (auga, sumidoiros e lixo). O propietario faise cargo dos recibos de comunidade e contribución.
Non se admiten mascotas. O aluguer é compatible coas deducións fiscais de IRPF.
Esíxense garantías de solvencia ademais da entrega dunha fianza equivalente a dous meses de renda.