Ático no centro urbano de Cangas, situado na sexta planta dun edificio na Avenida de Bueu, con vistas á Ría de Vigo e a 5 minutos a pé da Estación Marítima e outros servizos; e a dez minutos andando da praia de Rodeira.
Distribuído en salón moi luminoso e cociña independente, ambos con saída a unha bonita terraza orientada a Sur e con vistas cara á Ría de Vigo; tres dormitorios e dous baños.
Vivenda exterior e perfectamente situada para acceder a pé a calquera servizo do centro sen necesidade de utilizar o coche.
Dispón de praza de garaxe e ascensor ata o 5º.
Non se admiten mascotas.
Alúgase equipado con roupa de cama e enxoval de cociña. Requírese fianza, cuxo importe dependerá da duración da estancia. Para reservar é necesario o anticipo equivalente a un terzo do prezo do aluguer.
Non se realizará ningún cargo adicional por consumos de auga e luz (están incluídos no prezo). As reservas non coincidentes cos meses ou quincenas tradicionais, ou para semanas soltas, poden non ser aceptadas ou poden supor variación dos prezos indicados na tarifa.
Vivenda incluída no Rexistro de Vivendas de Uso Turístico: (VUT-PO-010291).
Mapa de situación
La dirección del inmueble es aproximada.
Su entorno